O día 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. No noso cole tamén fixemos algo especial. A tarde do día 22, venres, fumos á biblioteca e alí contáronnos que ibamos facer o Apadriñamento Lector: os maiores íamoslle ler os máis pequenos. Depois de facer o reparto de padriños e afillados baixamos ao patio cuberto (chovía un pouquiño) para ler o conto os nosos afillados.
Pasámolo moi ben e incluso houbo algún afillado que lle leu ao seu padriño.
Ao rematar fixemos intercambio de agasallos: marcapáxinas do proxecto "Coñecemos Lobios" que nós mesmos elaboramos. A súa temática era a seguinte:
Infantil: animais do parque
1º: romanos
2º: escudo de Lobios
3º e 4º: gotas de auga
5º e 6º: tradicións
Se queredes ver os padriños e afillados e o resto das fotos do día, pinchade na galería de imaxes.