Os nenos e nenas de tres anos fixemos un RECUNCHO DE OUTONO.
Nel, podedes atopar follas de árbores, belotas, piñas...
Hoxe, trouxemos os froitos típicos desta estación mazás, uvas, pexegos, abelás, kiwis, noces... e algunha que outra galleta caseira de améndoas!
Logo, fixemos unha degustación de todos estes manxares!
Estaban riquísimos!
Non dubidedes en seguir participando!