Skip to Content

Proxecto: Coñecemos Lobios

O día 15 de xaneiro fomos todos a biblioteca porque nos agardaba unha sorpresa!

Primeiro puxéronnos un vídeo e pedironnos que estivesemos moi atentos a ver si recoñecíamos algo do que ibamos ver.

 E por suposto que recoñecemos moitas cousas porque era un vídeo de Lobios! DO NOSO CONCELLO!

Empezamos a falar e a falar e, a verdade, sabíamos moito da nosa localidade...Todos queríamos falar, todos tiñamos algo que decir...Estábamos entusiasmados.

 Pero aínda nos faltaban moitas cousas por descubrir porque esa xuntanza era para nos dicir que ibamos facer un proxecto para coñecer de verdade LOBIOS. E nese proxecto tiñamos que participar todos! TODO O CENTRO! O proxecto chámase COÑECEMOS LOBIOS!

 Para que nos fose máis doado dividimos o proxecto en cinco bloques, un para cada clase, e así, ao rematar de investigar, contarlle ao resto do cole os nosos descubrimentos:

  • Educación Infantil: O Parque do Xurés
  • 1º curso: A Vía Nova
  • 2º curso: Que é Lobios?
  • 3º e 4º curso: Termalismo
  • 5º e 6º curso: Tradicións

 Dentro deste último bloque a profe Milagros, tróuxonos unha malla (coas que se mallaba o millo) e estívonos explicando como se empregaba.

 Agora, estamos desexando empezar a traballar nos nosos bloques: preguntando na casa, investigando na biblioteca, buscando en libros, entrevistando a xente do concello... hai moito por facer... Iremósvos contando! Estade atentos!

 Se queredes ver máis fotos deste día podedes facelo dende a galería de imaxes.

MENÚ XANEIRO

Para acceder ao menú do mes de Xaneiro, pinchade no documento adxunto.

 

XANEIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut