Skip to Content

Día de Rosalía

       O pasado día 24 de febreiro foi o día adicado a Rosalía de Castro. No noso centro tamén o celebramos:

    Subimos todos a biblioteca para facerlle unha homenaxe a esta importante escritora galega e alí amosamos os traballos que estivemos realizando en días anteriores.

   

Así os alumnos e alumnas de Educación Infantil fixeron dous puzzles de Rosalía que quedaron moi chulos.

                                          

 Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso elaboraron unha biografía sobre Rosalía de Castro; así os pequenos encargáronse de ilustrar as palabras que escribiron os maiores. Este foi o resultado:

                

O alumnado de 5º e 6º decantouse por facer unha recopilación de poemas das súas obras máis importantes: "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" que recitaron para todos os asistentes á homenaxe.

                     

 Por último, cantamos todos xuntos o seu poema máis famoso: Adiós Ríos, Adiós Fontes.

 Para ver a totalidade de imaxes, pincha na galería de imaxes.

 

DEPORTE ESCOLAR

O día 23 de febreiro de 2016 os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP do Xurés xogaron no polideportivo de Lobios un partido de fútbol sala co CEIP Santa María a Real de Entrimo. O resto do alumnado do noso colexio tamén acudiu de público ao polideportivo para animar o encontro.

Este partido foi moi satisfactorio para todos.

Os equipos foron mixtos: cada equipo estivo formado por nenos e nenas dos dous colexios, facendo posible conseguir un dos obxectivos do deporte escolar: APRENDER A RESPECTAR E VALORAR AS NORMAS DE CONVIVENCIA NUN DEPORTE.

Ademais o comedor escolar do colexio colaborou na convivencia entre os centros dos dous municipios ofrecendo bocadillos a todos e a todaspara que favorecer que se relacionaran e conviviran no tempo de lecer.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut