Skip to Content

Día da Árbore

Con motivo do Día Internacional dos Bosques e Día da Árbore que se celebra o 21 de marzo, recibimos a visita dos axentes forestais do distrito da nosa zona o venres 18 de marzo, día no que collíamos as vacacións de Semana Santa.

Primeiro explicáronnos o que ibamos facer: tiñamos un semilleiro para cada clase que tiñamos que encher de terra e despois plantar a semente. Cando rematamos puxémolos no patio e agora temos que coidalos para que poidan medrar.

Logo repartíronnos árbores para cada un para plantar nós coas nosas familias onde quixesemos.

  

Por último, plantamos un par de árbores no patio. Oxalá medren moito.

Para ver todas as imaxes do día, pinchade na galería de imaxes.

 

Semana da Prensa

Na semana do 7 ao 13 de marzo, con motivo da semana da prensa, tiñamos na biblioteca diferentes e variados xornais para poder consultar. Entre eles atopábamos tanto xornais locais como nacionais e tamén xornais deportivos.

 

 

 

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut