Skip to Content

Blog: Coñecemos Lobios

Na barra lateral dereita tedes o enlace o Blog "Coñecemos Lobios" onde vos iremos contando todo o que vaiamos facendo deste Proxecto de Centro. Animádevos a visitalo!

Entroido 2016

 E como todos os anos, chegou o Entroido!!

Nesta ocasión, e debido ao proxecto de centro que estamos facendo, os nosos disfraces foron dacordo á temática do mesmo: Coñecemos Lobios! Depois de moitas horas e esforzo conseguimos uns traballos magníficos.

Este ano tamén queremos felicitar especialmente ao noso alumnado polo esforzo, dedicación e ilusión posta nos disfraces. APLAUDIMOS, LOAMOS E RECOÑECEMOS o gran esforzo e traballo que levastes facendo os disfraces. Os aplausos e loanzas que levastes no día de hoxe foron poucas comparado co esforzo que tivestes que facer para lucir os vosos traxes. NORABOA!

 Así Educación Infantil foron de vacas cachenas e cabras do Xurés, emulando ao Parque Natural e 1º curso foi de Romanos significando a Vía Nova.

          

2º curso foron de parroquias de Lobios.

 

 

 

 

 

 3º e 4º curso tiñan que representar o Termalisto e foron de gotas de auga cunha toalla na cabeza. 5º e 6º tiña o tema Tradicións, e decidiron representar varias delas: A Carreteda, a Vendimia, a Malla, os Callos Limiaos e Os Panadeiros e os Fornos.

      

E para rematar, comentar que despois de todo o día desfilando por Lobios e lucindo os nosos traballos plasmados nos disfraces chegou o momento da recompensa: CARAMELOS, MOITOS CARAMELOS que nos foron dando por todo o pobo. Aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasamos recollendo tantos caramelos.

O resto das fotos do día, atoparédelas na galería de imaxes.

Día da Paz

O día 30 de xaneiro é o Día da Paz. Así, no noso centro e ao longo desta última semana de xaneiro, estivemos preparando, nas aulas, diferentes actividades para, o venres 29 á tarde, celebrar a festa da Paz.

Así estivemos todos os cursos facendo o mural da entrada "Navegando pola Paz".

 A tarde do venres comezou cunha gran foto de todos os nenos e nenas no patio do colexio sostendo un globo branco cada un e representando a palabra paz. Logo fixemos un gran círculo dándonos as mans para berrar "VIVA A PAZ" e soltar todos os globos.

 

Depois subimos á biblioteca e cada curso explicou todo o que traballou durante esta semana.

Infantil fixo un gran Guernica e o seu profe leunos un libro explicándonos o cadro.

1º curso e 2º curso fixeron uns puzzles moi chulos sobre Gandhi e Mandela.

3º e 4º contounos o resultado da "Caza do Tesouro" que fixeron sobre Mahatma Gandhi

5º e 6º tamén nos contaron todo o que atoparon na súa "Caza do Tesouro" sobre Nelson Mandela.

 

Por último cantamos dúas cancións: "No dudaría" de Antonio Flores y "Si bastasen un par de canciones" de Eros Ramazzotti.

 

Para ver o resto de fotos da celebración, podedes ir á galería de imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut