Skip to Content

Anxo Moure

O martes día 19 de abril e con motivo da próxima celebración do Día do Libro (23 de abril) visitounos o contacontos Anxo Moure.

   

 Fomos todos á biblioteca e vivimos uns minutos fantásticos coa súa presenza. Primeiro contounos o conto "O Carballo con Botas". Pasámolo estupendamente tanto nenos como profes.

MOITAS GRAZAS ANXO!

Aquí vos deixamos un anaco da súa visita e para ver o resto das fotos xa sabedes que tendes que ir á galería de imaxes.

Tamén lle pedimos que nos adicara varios dos seus libros que temos na biblioteca e fixoo encantado. De novo, GRAZAS.

Por último, contoulle un conto aos maoires do cole: Salgadiña, a Estrela de Fisterra.

 

Charla do Parque Natural

O xoves 14 de abril viñeron, á nosa biblioteca, os do Parque Natural a darnos unha charla sobre diferentes animais que habitan no Parque.

 

Logo pasamos ao laboratorio facer diferentes pegadas destes animais. Gustounos moito.

 

Para ver máis fotos, pinchade na galería de imaxes ou visitade o blog do Proxecto Coñecemos Lobios.

Educación Vial

O día 13 de abril viñeron de Ourense a darnos unha charla sobre Educación Vial. Tamén viñeron ao noso colexio os nenos e nenas do cole de Muíños para participar nesta actividade con nós.

 

Ao acabar a charla fumos a Polideportivo para facer o circuíto coas bicis, patinetes, triciclos... Pasámolo pipa!!

Tamén estivemos na base do GES coñecendo algo máis do seu traballo como o coche de bombeiros e a súa vestimenta.

 

Tedes máis fotos do día na galería de imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut