Skip to Content

Día do Libro 2016

O día 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. No noso cole tamén fixemos algo especial. A tarde do día 22, venres, fumos á biblioteca e alí contáronnos que ibamos facer o Apadriñamento Lector: os maiores íamoslle ler os máis pequenos. Depois de facer o reparto de padriños e afillados baixamos ao patio cuberto (chovía un pouquiño) para ler o conto os nosos afillados.

 

Pasámolo moi ben e incluso houbo algún afillado que lle leu ao seu padriño.

 

Ao rematar fixemos intercambio de agasallos: marcapáxinas do proxecto "Coñecemos Lobios" que nós mesmos elaboramos. A súa temática era a seguinte:

Infantil: animais do parque

1º: romanos

2º: escudo de Lobios

3º e 4º: gotas de auga

5º e 6º: tradicións

Se queredes ver os padriños e afillados e o resto das fotos do día, pinchade na galería de imaxes.

 

Programa Xornal Escolar

Aqui vos deixamos o enlace para que poidades ver o programa Xornal Escolar no que participou o noso colexio.

XORNAL  ESCOLAR - CEIP DO XURÉS

 

Reportaxe Xornal Escolar

O mércores 20 de abril saíu a reportaxe sobre o noso colexio no Xornal Escolar do xornal La Región.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que guapos estabamos e que ben o fixemos.

 

 

 

 

 

 

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut