-SOLICITA: Nai / pai ou titor/a legal do escolar do alumnado de 1º,2º,3º,4º,5º,6º PRIMARIA.
- LUGAR PRESENTACIÓN: No centro escolar ou mediante a sede electrónica:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
- PRAZOS: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.
- MÉTODO SOLICITUDE:
Cóbrese o anexo I completo e o anexo II (para a autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante).
Se a situación actual non é a reflectida no Libro de Familia deberá achegar sentencia de separación ou divorcio.
A solicitude será única para todos/as fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente. No caso de que a solicitude se tramite por via electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
-TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso ou a través da aplicación Fondolibros, onde unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
Unha vez tramitadas,xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir o material.
A información anterior é un resumo da orde de 6 de maio de 2021 que se pode consultar no DOGA do día 19 de maio. http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
-CUANTÍA DAS AXUDAS
Axudas á compra para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.
Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, poderán acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
Vale de Material Escolar: Cheque de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros
Pontevedra, 24 de maio de 2021
A dirección
Anexo | Tamaño |
---|---|
Modelo solicitude_0.pdf | 1.89 MB |