Skip to Content

NOVAS

Recomendámosche

FINA CASALDERREY INAUGURA A BIBLIOTECA

O martes 18 ás 11 horas, tivo lugar no salón de actos do colexio, a  inauguración da Biblioteca. Asistíu como invitada de honra a escritora Fina Casalderrey, moi vinculada a Marín na súa faceta profesional como mestra.

 Tamén se contou coa presencia de representantes do Concello e representantes de varios centros escolares.

 Todos e todas recibiron á tartaruga Tambo, mascota da biblioteca do Colexio e protagonista dunha preciosa historia creada por unha e parte dos escolares do Centro. Conta, como esta tartaruga de auga, viaxa dende as Illas Galápagos a Marín e despois de quedarse durmida moitos anos convírtese na Illa de Tambo.

 Tambo foi a conductora do acto no que Fina Casalderrey interaccionou co público e relatou varias das súas historias, coa expresividade que a caracteriza, animando aos rapaces a usar a Biblioteca como centro de lecer e fonte de pracer coa lectura ou coa animación de autores, ilustradores, contacontos, etc.

 Despois subiron á biblioteca do centro, para vela e  botar unha ollada as páxinas ilustadas coa historia de Tambo polos seus autores , un libro que xa permanecerá nos fondos do colexio xunto coas creación dos escolares.

 A Biblioteca inaugúrase despois dunha selección polo miudo dos títulos adecuados para o alumnado que está no Centro na actualidade, da mellora da iluminación, fondos bibliográficos e mobiliario dentro do programa PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), con amplos espazos para lectura in situ e unha dotación especial para os máis cativos. Conta na actualidade cun rexistro de máis de 4000 volumes.

Para finalizar o acto, Fina Casalderrey  foi  nomeada  madriña da Biblioteca do CEIP Carballal, e asinou no libro de visitas da mesma.


Distribuir contido


by Dr. Radut