Skip to Content

NOVAS

Reapertura do prazo de Admisión

Acaba de publicarse no DOG o Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

(cliclando na imaxe ou na palabra destacada acceden ó DOG)

 

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes do 11 ó 18 de maio (ambolos 2 inclusive)

 

O horario de atención será de 09:30 a 14:30h, horario habitual do centro.

 

Para poder manter e garantir as medidas de protección e de seguridade das familias e dos traballores/as do centro, deberán solicitar cita previa no teléfono 886 15 13 57.

 

Listaxe de Vacantes 


(clique na imaxe ou nas palabras subliñadas para acceder á listaxe)

 

Documentación a presentar:

 

  • Anexo II debidamente cuberto.
  • Fotocopia do Libro de Familia ou do DNI do/a neno/a.
  • Se o/a alumno/a procede doutro centro, precísase un certificado de matrícula o cal deben solicitar na secretaría do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

NOTA: Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

 

A continuación sinalamos o resumo do que se expón no DOG:

 

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.


Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado
en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou
o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o
día 18 do mesmo mes.

 

2. Novos prazos do procedemento.


a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:


● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:
do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.


Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

 

AdxuntoTamaño
AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf.pdf699.34 KB


blog | by Dr. Radut