NOVAS
Convertímonos en cociñeiros/as
Durante o mes de xuño, o alumnado de Educación Infantil levou a cabo un obradoiro grazas á colaboración dunha nai que ten un blog de cociña: Aly's cakes. Nunha primeira sesión ensinounos moitos instrumentos de cociña. Na segunda sesión cociñaron palmeiriñas de follado e fixeron pan que despois fornearon na casa. Moitísimas grazas pola túa colaboración e polo ben que o pasamos cociñando Ali!