NOVAS
O DÍA DA PAZ EN EDUCACIÓN FÍSICA
O 30 de Xaneiro, os alumnos/as do colexio, celebramos o Día de Paz en Educación Física, realizando xogos de outras culturas, países coma Italia, Nixeria, Estados Unidos; traballando así a interculturalidade. Aproveitamos que os xogos multiculturais son un recurso axeitado para favorecer, nas nosas clases, a percepción do "outro" de xeito positivo e o rechazo de toda actitude discriminatoria, nun contexto de igualdade e de respeto ás diferenzas.
Para finalizar, mandamos unha mensaxe escribindo a palabra PAZ cos nosos corpos.
Podedes ver nas seguintes imaxes que ben o pasamos. Esperamos que vos gusten!!!!!