Skip to Content

NOVAS

blogue deadmin

NOVO INICIO DE CURSO 2020-2021

Despois da reunión mantida hoxe coa Xefatura Territorial, Inspección educativa e o concello de Marín, acordouse retrasar o inicio escolar 2020-2021 para o 16 e 17 de setembro por mor das obras que a CEUFP ven de realizar de mellora da eficiencia enerxética do centro.

Tódolos organismos e persoas implicadas coincidimos en indicar que o importante é  poder garantir a seguridade do alumnado, traballadores e familias e máis nestes momentos.

Este retraso permitirá adaptar o centro ao protocolo COVID e comezar o curso coas máximas garantías posibles.

Mércores 16 de setembro:

- e de Educación Infantil

- , e de Educación Primaria.

Xoves 17 de setembro:

- 6° de Educación Infantil 

INICIO DE CURSO 2020-2021

Estimadas familias, publicouse ne web da CEUFP a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

 

Establece no seu Punto único. Incorporación gradual do alumnado

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

No caso de que NON se poida iniciar o curso nestas datas, informaremos por ABALAR e publicarémolo na web.

 

Protocolo de Adaptación ao Contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021

 

Ven de publicarse na páxina web da CEUFP o Protocolo de Adaptación ao Contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021

 

Como se indica no mesmo, o centro elaborará:

  • ANEXO V :“PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021” 
  • ANEXO VI: "PLAN DE CONTINXENCIA DO CENTRO EDUCATIVO"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut