O próximo martes, 24 de febreiro,ás 17:00h celebramos a “XORNADA DE PORTAS ABERTAS” no colexio,na que nos gustaría contar coa vosa presenza.
Vos ensinaremos o centro, as súas dependencias, os explicaremos as actividades,os servizos e o proxecto educativo, e contestaremos a tódalas preguntas que xurdan.
Informámoslles que o día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Na páxinawww.educacion.esademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.