Recomendámosche
8 de marzo - día internacional da muller
Hoxe, 8 de marzo, día internacional da mucller, dende a Biblioteca recomendámosvos:
e ademais, contos tan especiais como "Arturo e Clementina", por todas as Clementinas do mundo!
ALIMÉNTATE BEN
Os alumnos do noso cole saben da importancia que teñen na alimentación diaria as froitas e as verduras e fixeron esta especie de "spot publicitario" para que vos animedes a consumilas.Lembra que debes tomar polo menos 2 racións de verduras e hortalizas e 3 pezas de froita cada día! Aproveita os produtos de temporada que hai nos mercados agora que chega o bo tempo!
LIBROS EN SON DE PAZ
O 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Dende as Bibliotecas Escolares podemos servir de instrumento de paz e entendemento entre o alumnado de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Recomendacións de lecturas para Nadal
Como cada ano, dende a biblioteca ofrecemos unhas recomendacións de lectura para estas vacacións. Esperamos que disfrutedes con elas!
Para os que o queirades imprimir, axuntamos o arquivo tamén en pdf.