Normas Xerais

 

CALENDARIO ESCOLAR 

Xornada Escolar: 9:00 a 14:00 (as portas do colexio pechan ás 9:15). 

Recreos:    Infantil: 11:00 a 11:30 / Primaria: 11:45 a 12:15

Comedor Escolar: 14:00 a 15:55 dende o 12 de Setembro 2012 ó 21 de Xuño de 2013. 

PERIODO DE VACACIÓNS

NADAL: dende o día 22 de Decembro ata o día 7 de Xaneiro, ambos os dous incluídos. As clases comezarán o día 8 martes. 

ENTROIDO: días 11, 12, 13 de Febreiro. 

SEMANA SANTA: dende o día 25 de Marzo ata o 1 de Abril, ambos os dous inclusive. As clases comezarán o día 2 martes. 

DÍAS NON LECTIVOS

Establecerase o Día do ENSINO coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012-2013 se celebrará o 2 de Novembro de 2012.  

Os días non lectivos escollidos polo centro son: 7 de decembro e 20 de maio. 

BOLETINS DE NOTAS.

Como é costume, enviarémoslle un boletín trimestral coa información relativa ao rendemento académico do alumnado. Deberán asinalos e devolvelos de novo ás titoras.

FALTAS DE ASISTENCIA.

O profesorado levara un rexistro das faltas de asistencia que deberán ser xustificadas por escrito polo pai/nai ou titores. As faltas reiteradas sen xustificación á Inspección Educativa e a os Servizos Municipais de Asistencia Social.

SAÍDAS DO ALUMANDO EN HORARIO ESCOLAR.

O alumnado só poderá abandonar o centro con permiso da Dirección ou persoa na que delegue, acompañado/a polo seu pai/nai ou persoa maior de idade debidamente autorizada, debendo asinar no Libro Saídas.

MODIFICACIÓNS DOS DATOS DO ALUMNADO.

É moi importante que se notifique calquera cambio nos datos do alumnado (domicilio, teléfonos,…) para que en caso de urxencia podamos contactar con vostedes.

NORMAS SOBRE AS ENTRADAS

O alumnado de Educación Primaria entra polas portas de acceso que hai no patio  de abaixo. 

O alumnado de Educación Infantil entra pola porta que lle corresponda segundo o seu curso, colocado en fila e coa mestra.

COMO FACER SE O ALUMNADO CHEGA TARDE?

Pasar pola secretaria para firmar no libro de rexistro de entrada; o alumno/a será acompañado por un profesor/a ou polo conserxe a súa aula correspondente no cambio de clase. En ningún caso a persoa que trae o neno/a poderá acceder as aulas.

No caso de ter que recoller ós neno/as fora do horario de entrada, agradeceríamos que se fixese nos cambios de clase (9:55, 10:50, 11:45, 12:15 e 13:05).

EXTRAVIO DE OBXECTOS.

Recomendase marcar a roupa e non traer obxectos innecesarios para o traballo na aula. 

 

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión