Excursión 6º primaria: A Coruña
O pasado martes 7 de febreiro os alumnos de 6º de primaria visitaron o Aquarium Finisterrae, o Domus e a Casa das Ciencias
na Coruña.
Ademais de pasalo moi ben, tamén aprenderon e experimentaron moitas cosas novas.
Así foi como o viviron:
`` Os alumnos de 6º A e B fomos o día 7 de febreiro á Coruña. Saimos do colexio as 9 da mañá e estivemos unhas 3 horas no autobús ata que por fin chegamos´´
Loreto
``O primeiro museo que vimos foi o Aquarium, moi coñecido pola súa variedade de animais acuáticos.... Un animal que chamou moito a atención foi a quenlla chamada Gastón, era moi maior, tiña uns 17 anos...´´
Irene Berros
``No Aquarium viron peces de todo tipo de tamaños e formas, quenllas, morenas, anguías e moitas cousas máis. Viron como as focas facían piruetas debaixo da auga e como lles daban de comer.´´
Desireé
``A seguinte visita foi o museo do home, onde tamén comemos. O lugar estaba cheo de cousas interesantes e raras. Mostraban a historia do ser humán, a arte, cultura... Había cousas noxentas como un cerebro, a metade dunha cabeza, duas nenas bebés xemelgas unidas... todo bastante raro pero moi interesante.
Samuel.
`` Despois foron ao planetario que estaba na Casa das ciencias. Un dato curioso que descubriron é, por exemplo, que en cruzar a nosa galaxia tárdase 150.000 anos´´
Naara.
``No museo viron o tema dos planetas e das estrelas. Despois na terceira planta, viron unha camara de calor, unhas barras quentes... Na segunda randeeiras... Na primeira un canón que botaba vento, e algúns foron xogar con el.´´
Milagros
Estas foron algunhas das impresións dos alumnos. Podedes miralas fotos na galería ou premendo nestas fotos.