Horto escolar - outubro 2017

En outubro recollemos o millo e plantamos coles.

Visitade a galería para ver máis fotos.

Horto escolar - setembro 2017

En setembro de 2017 recollemos a colleita: remolachas, cenorias, tomates cherry vermellos, cebolas, pementos de Padrón e vermellos, allos porros, etc.

Podedes ver máis imaxes na galería.

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO BENEFICIARIO DO FONDO LIBROS

PODEDES CONSULTAR NO DOCUMENTO ADXUNTO A LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO BENEFICIARIO DO FONDO LIBROS.

O ALUMNADO AO QUE LLE CORRESPONDEN 6 LIBROS TERÁN QUE MERCAR O LIBRO DE ACTIVIDADES DE INGLÉS (ACTIVITY BOOK).

ADXUDICACIÓN DE ALUMNADO CON SOLICITUDES PRESENTADAS FORA DE PRAZO PARA O CURSO 2017-2018

O alumnado que presentou as solicitudes fora de prazo e que foi adxudicado a este centro (pódese consultar no documento adxunto) pode formalizar a matrícula ata o día 14 de xullo de 10 a 12.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016/2017

O pasado venres 23 de xunio celebramos o Festival de fin de curso no que participou todo o alumnado con diferentes bailes e coreografías... deixamos os enlaces cos videos... esperemos que vos gusten!!!

GRADUACIÓN DE SEXTO

O pasado día 22 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de sexto. Resultou unha xornada moi emotiva con risas e bágoas.

Recibide a noraboa de todos os mestres!!!

TORNEO DE PING-PONG

Durante este último mes de curso os alumnos de 6º de primaria fixeron un torneo de Ping-Pong dentro da únidade de educación física ``Palas e raquetas´´. Ademáis de coñecer este deporte e pasalo moi ben, tamén traballamos outros aspectos como: o respecto aos compañeiros, saber gañar e saber perder, respectar o código de xogo limpo... PARABÉNS A TODOS!!!

 

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2024-25

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión