Aula de Música

CANCIÓNS DA AULA DE INFANTIL 5 ANOS B

Aquí tedes unha selección de tres cancións que traballaron os nenos e nenas de 5 anos B coa súa profe Marita e que gravaron na aula de música. A primeira fala dos meses do ano, a segunda trata sobre o Inverno e a última sobre o Outono. Xa veredes que ben o fan!

O CEIP A Doblada celebra o día da paz

O venres 30 celebramos o día da paz, con este vídeo invitámosvos a compartilo con nós e recordámosvos: os abrazos son gratis!

GRUPO DE PANDEIRETA DE EXTRAESCOLARES

Lembrades que o curso pasado o grupo de pandeireta de actividades extraescolares da ANPA participou na gravación dun cd xunto con outros colexios públicos no IES AUDIOVISUAL DE BOUZAS ?

Pois ben... mentres seguimos á espera de que o editen, aquí vos deixamos a gravación dun ensaio, como mostra do seu gran talento!

As pezas interpretadas son RUMBA A BUXAINA e FOLIADA DE PADRENDA.

Samaín 6º B - 2014

E se pinchades nesta imaxe veredes a actuación de 6º B

(aclarar que non foi posible para a profe de música gravar máis actuacións pero intentaremos, en próximas ocasións, facelo con máis grupos)

Samaín 4º A - 2014

Pinchade na imaxe para ver o vídeo da actuación dos nenos e nenas de 4ºA! Parece que a Paco Nogueiras, autor da canción si lle gustou! Temos unha profe de música que é xenial!

(aclarar que non foi posible para a profe de música gravar máis actuacións pero intentaremos, en próximas ocasións, facelo con máis grupos)

Diplomas premios do Concurso de vídeo-creación para centros de ensino do Concello de Santiago

Xa temos no cole os diplomas que o venres nos entregaron en Santiago.

Un honor compartilos con vós!

La vídeo-creación del CEIP A Doblada arrasa en Santiago

Moi orgullosas de compartir con todos vos esta noticia de "El Correo Gallego".

A Doblada ARRASA!!!!!! 

 

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2024-25

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión