Aula de Música

vertixeVIGO15: III FESTIVAL INTERNACIONAL DE CREACIÓN MUSICA CONTEMPORÁNEA

O alumnado de 6º curso de Primaria foi convidado a participar no programa educativo MÚSICAPORDENTRO, un programa de promoción da música contemporánea nos centros de estudos organizado por Vertixe Sonora Ensemble no marco do III Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea vertixeVIGO15 que terá lugar do 4 ao 29 de novembro en diferentes localizacións de Vigo.

MUSICONTOS: OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS MUSICADOS

Proposta de traballo cooperativo realizada ao longo de todo o 3º trimestre co alumnado de 3º curso na aula de música.

A palabra e a voz mesturáronse con efectos sonoros, dando lugar a uns relatos sorprendentes e peculiares. Este obradoiro estivo baseado na CREACIÓN, na INTERPRETACIÓN , na DRAMATIZACIÓN e na IMPROVISACIÓN. Botade un ollo!

Pequenos sons, xa temos o disco nas nosas mans!

 

Os nosos pequenos grandes artistas xa teñen o seu disco nas mans!

Temos que agradecer o seu traballo e o seu trato o IES Audiovisual de Vigo, foi unha gran experiencia traballar con vós!

ALIMÉNTATE BEN

Os alumnos do noso cole saben da importancia que teñen na alimentación diaria as froitas e as verduras e fixeron esta especie de "spot publicitario" para que vos animedes a consumilas.Lembra que debes tomar polo menos 2 racións de verduras e hortalizas e 3 pezas de froita cada día! Aproveita os produtos de temporada que hai nos mercados agora que chega o bo tempo!

 

CONCURSO "MUSISABER"

Durante o 3º trimestre as aulas de 6º fixeron un concurso por equipos para demostrar os seus coñecementos sobre música. Noraboa!

 

Podedes descargar o PDF co contido do concurso aquí.

VERTEDOIRO SONORO 2015

Dende a Aula de música fixemos unha exposición de instrumentos caseiros realizados con materiais de refugallo titulada "Vertedoiro Sonoro".

Todos os anos a clase de 5º curso de Primaria é a encargada de realizala, convertíndonos en verdadeiros "luthiers". Empregamos latas, bidóns, cordas, caixas de cartón, envases de plásticos, chapas… e calquera outro material que atopamos por casa que poida ser reutilizado.

Aula de Música : "O Entroido dos Animais"

Nesta obra musical o compositor Saint-Saëns "disfraza" a diferentes instrumentos musicais de animais, creando unha gran fantasía zoolóxica. Escribiuna no ano 1886 durante as súas vacacións e presentoulla só a un pequeno grupo de amigos o martes de Entroido dese mesmo ano. Utiliza instrumentos variados: o quinteto de corda (formado por dous violíns, unha viola, un violonchelo e un contrabaixo), dous pianos, unha frauta traveseira, un clarinete, un xilófono e unha armónica de cristal.

Visita Paco Nogueiras

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, tivo unha sesión moi divertida de contos e música con 1ºA e B e por suposto tivo o detalle de saudar ós protagonistas do vídeo que o curso pasado gañou os concursos coa súa canción "En galego meu o mundo é".

Disfrutamos moitísimo de poder BRINCAR xuntos. Ata a próxima!

Esta foto publicouna el mesmo no seu Facebook, en canto poidamos, subiremos as que sacamos no cole! 

PARA CANTAR E BAILAR

Así recibe o nome da actividade ofrecida dende o departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo na que o alumnado do 1º curso tivo a ocasión de achegarse á música tradicional galega da man de Luis Prego e Samuel.

A gran cantidade de xogos, bailes e divertimentos que tiñan os nosos antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral e  debémolos conservar e transmitir aos máis cativos e cativas. Premede na imaxe para ver as fotos.

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2024-25

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión