COMEDOR ESCOLAR
En cumprimento da INSTRUCIÓN 2/2024 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025
COMUNÍCASE
QUE ESTÁ ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE O SOLICITOU ( Consello Escolar de 28 de xuño de 2024)
Lémbrase que a mesma instrución recolle que: Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, deberán ser suspendidos pola dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.
De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 os centros farán chegar ás familias dos comensais admitidos provisionalmente ao comedor o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución, autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos antes do 01/09/2024.
Mediante o dito impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2023, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía da tarifa que lles corresponde aboar, de acordo costramos fixados no citado decreto.
PÓDESE DESCARGAR O MODELO DE AUTODECLARACIÓN ( ANEXO II) CLICANDO NA SEGUINTE IMAXE: