FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

 

 

 

Extracto da Orde do 7 de maio de 2024 (DOG)

Anexos I e II

Anexo II adicional

 

 

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser:

240€, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€.

160€, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Educación Primaria.

75€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado
de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %.

60€, se a renda per cápita é superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle:

6 libros, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %

4 libros, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024( ambos inclusive)

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

         * Anexo I e Anexo II da orde debidamente cumprimentados (modelo ED330B), 

         * Libro de familia (orixinal e copia)  

       *En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

*       * Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia.

As solicitudes poden presentarse:

+Na administración do propio centro

+ Por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

+ A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

+ Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

A solicitude será única para todos os fillos/as que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025.No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros, en bo estado, do 10 ao 14 de xuño.

De non ser devoltos, non haberá dereito a solicitar axudas para o vindeiro curso.

ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2024/2025, realizarase en setembro (informarase do procedemento na circular de fin de curso)

LISTAS ADMITIDOS/AS E ENTREGA DE CHEQUES/VALES

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, comunicaranse as datas nas que se farán públicas as listas de admitidos/as, así como as datas nas que se entregarán os cheques de libros e vales de material escolar.