COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022/2023
INFÓRMASE que no Consello Escolar de 30 de xuño, aprobáronse as listas de admitidos e admitidas para o uso do servizo de comedor escolar no curso 2022/2023, resultando ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU A SOLICITUDE (tando en prazo, coma fóra de prazo). Poden consultarse as listaxes no tabolerio do interior do centro.
O alumnado usuario do comedor DEBERÁ CUMPRIMENTAR A FORMALIZACIÓN NO SERVIZO NO MES DE SETEMBRO, e de conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 DEBERÁN ENTREGAR o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos (Anexo II da instrucción) no centros cuberta en todos os seus extremos ANTES DO 08/09/2021.
Mediante este impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de
carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2020, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a
contía do prezo público que lles corresponde aboar, de acordo cos tramos fixados no Decreto.
ANEXO II AUTODECLARACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS Neste enlace atoparedes a información referida á cumprimentación da autodeclaración de prezos