Criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria
Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)
ALUMNADO BENEFICIARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES
(SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
• Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
• Prazo: 1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.