EQUIPOS E-DIXGAL

Os equipos cedidos pola Xunta de Galicia ao alumnado dos cursos E-Dixgal enténdense como unha ferramenta educativa, que contén e proporciona os recursos necesarios para o traballo diario do alumnado e do profesorado, tanto na aula, como fora dela.

Neste contexto, son ferramentas que deben acompañar ao alumnado  nas actividades educativas que realicen nos cursos EDixgal, no centro, fora do centro e no seu propio domicilio.

Unha vez rematado o curso ou período de estancia do alumno/a nun grupo E-Dixgal o equipo debe retornar ó centro educativo que o adxudicou para a súa posta a punto e nova adxudicación a outro alumno ou profesor que o necesitará.

Os equipos deben ser devoltos con todos os seus elementos e en perfectas condicións.

As familias que entreguen o equipo deben asinar o documento de entrega do equipo, que dende o centro se facilitou.

 

Deberán entregar o equipo ( limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante os últimos días de horario lectivo , (sempre antes do 30 de xuño) , e asinar o documento facilitado polo centro ás familias.  Pódese entregar ata o día 28 deste mes na ADMINISTRACIÓN do centro ou na DIRECCIÓN.

 

Os estudantes que continúan en cursos do Proxecto E-Dixgal do Centro (COMO É O NOSO CASO), poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.

 

ANEXO I   Información familias da Consellería