RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO . CURSO 2019-20

 

 

En cumprimento da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2013) e da Corrección de erros ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación COMUNÍCASE:

Que o período de  RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO, que no noso caso é o IES REGO DE TRABEé do 1 ao 15 de febrero (ambos inclusive), polo que o alumnado que desexe continuar os estudos de ESO  en devandito instituto deberá cubrir a solicitude que se xunta.

Débese entregar cuberta antes do VENRES 15 DE febreiro na Administración  do centro.

Dende o centro farase chegar ao instituto. 

 

Horario administración:

 

 

                        

                         luns  de 8:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

De martes a venres de 8:30h a 14:30h

 

IMPORTANTE:  A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Pódese DESCARGAR O IMPRESO premendo NESTE ENLACE.