E-DIXGAL e LIBROS DE TEXTO DO ALUMNADO QUE CURSARÁ 5º DE PRIMARIA NO CURSO ESCOLAR 18/19

 

 

Estimadas familias, comunicámosvos que o noso centro aparece  seleccionado na resolución provisional de centros para participar no proxecto E-Dixgal no curso 18/19, polo que segundo o artigo 1 da Orde de 9 de maio de 2018  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, o alumnado  de centros incluídos no proxecto de educación dixital, E_Dixgal, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto XA QUE TODOS RECIBIRÁN OS LIBROS DIXITAIS GRATUITAMENTE.

No obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, no caso de reunir os requisitos establecidos na orde correspondente