CONVOCATORIA
Dacordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos,, a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE FAMILIAS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. A quinta praza correspondelle designala a ANPA.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 6 de novembro está exposto na entrada do Centro. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 8 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas entre os días 6 e 13 de novembro, ámbolos dous incluidos.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 13 de novembro, ás 13:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade. A Xunta Electoral preverá o nomeamento de suplentes, tamén por sorteo.
5.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
6.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 19 de novembro, de 08:45 a as 10:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas
7.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo dun nome dos candidatos ou candidatas presentadas, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
8.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.
9.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
10.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
San Miguel, 6 de novembro de 2024
O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: Manuel Piñeiro Sánchez
Podedes descargar o modelo para a presentación de candidaturas no arquivo adxunto e presentalo no Centro no prazo indicado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Candidatura familias.pdf | 307.1 KB |