CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Mostra de acompañamento

Dende a Comunidade Educativa do CEIP de Viñagrande-Deiro, como parte viva da Comunidade de Viñagrande e San Miguel de Deiro, que sinte e responde ao que acontece ao seu arredor, quere trasladar o seu sentir ás familias e veciños desta parroquia.

Mostrar, por un lado, o noso apoio ás persoas que dunha e doutra maneira se viran afectadas polo tráxico suceso de este pasado domingo no campo da festa de San Miguel de Deiro  durante a celebración da tradicional verbena, e desexar unha rápida e boa recuperación aos damnificados e ás damnificadas.

Ao mesmo tempo, trasladar tamén o noso apoio e agarimo ás compañeiras e aos compañeiros da Comisión de Festas de San Miguel, que prestando un servizo á Comunidade, co seu tempo e esforzo, desexamos que se fagan sabedoras e sabedores que dende o Centro contan co noso recoñecemento.

Poñemos o Centro á disposición da Comunidade para desenvolver algunha actividade ou intervención para axudar a interiorizar as vivencias dalgunhas crianzas ou adultas que o precisen.

Consello Escolar, Claustro de Profesorado, Persoal do Centro, Familias e alumnado do CEIP de Viñagrande-Deiro