CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

SOLICITUDE DE ADMISÍÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2023

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2023

Solicitude de praza para o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, para o alumnado que desexe cambiar a outro centro, e para o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro distinto ao IES A Basella (centro de adscrición)

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado polo Decreto 13/2022 do 3 de febreiro e a  Orde de 21 de outubro de 2022e co seguinte calendario:

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ: 

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso (agás o alumnado que se incorpore a 4º de EI).
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

VACANTES PARA O CURSO 2023/24

CURSO

RESERVA DE PRAZAS NEAE

VACANTES

4º Educación Infantil

3

25

5º Educación Infantil

-

15

6º Educación Infantil

-

15

1º Educación Primaria

3

15

2º Educación Primaria

-

12

3º Educación Primaria

-

3

4º Educación Primaria

-

8

5º Educación Primaria

-

6

6º Educación Primaria

-

6

 

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.

 

  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.

 

  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.

 

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

 

 

 

AdxuntoTamaño
INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO.pdf75.99 KB