Seguindo a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, xa están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido no interior do centro. TODO o alumnado que presentou a solicitude de admisión no CEIP de Viñagrande-Deiro foi admitido.
A formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria será do 1 ao 10 xullo de 2020.
O alumnado que xa estivo matriculado no centro durante o curso 2019/2020 non ten que facer este trámite.
Prégase SOLICITAR CITA PREVIA para a tramitación das matrículas a través do teléfono 886 151 901.
DOCUMENTACIÓN para a presentación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude transporte.pdf | 151.68 KB |
Anexo III.pdf | 172.28 KB |
Documentación matrícula.pdf | 305.37 KB |