CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Admisión e matrícula

Admisión alumnado 2022-2023

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Do 1 ao 21 de marzo

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para realizar a solicitude de admisión do alumnado para o curso 2022-2023. 

Podedes presentar as solicitudes mediante algunha das seguintes opcións: 

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro. 

- Cubrir a solicitude na aplicación ADMISIÓN ALUMNADO  e presentala no centro. 

- A través da Sede Electrónica. 

DOCUMENTACIÓN:

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta.

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a  (DNI ou Libro de Familia). 

- Certificado oficial do expediente académico, no seu caso (agás o alumnado que se incorpore a 4º de EI). 

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, no seu caso.

Ampliar a información sobre o  proceso e descargar a solicitude en  ADMISIÓN ALUMNADO 

 VACANTES:

4º EI:25 (3 NEAE)

5º EI:16

6º EI:16

1º EP:15 (3 NEAE)

2º EP:5

3º EP:7

4º EP:6

5º EP:8

6º EP:6

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2021-2022

 Do 20 ao 30 de xuño

 

Prégase solicitar cita previa para a tramitación das solicitudes a través do teléfono 886 151 902.  

 

DOCUMENTACIÓN

 ·Documento de formalización de matrícula (anexo III).

 ·Informe médico sanitario (vacinas e alerxias).

 ·Fototopia da tarxeta sanitaria.

 ·Fotocopia  DNI da nai, pai e alumna/o.

 ·Fotocopia do libro de familia.

 ·Dúas fotografías tamaño carnet.

 ·Solicitude, no seu caso, de transporte escolar e volante de empadroamento.

 

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO

 

Seguindo a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, xa están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido no interior do centro. TODO o alumnado que presentou a solicitude de admisión no CEIP de Viñagrande-Deiro foi admitido.

 

A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA en Educación Infantil e Primaria será do 20 ao 30 de xuño. O alumnado que xa estivo matriculado no centro durante o curso 2020/2021 non ten que facer este trámite.

 

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Do 1 ao 22 de marzo

 

Prégase solicitar cita previa para a tramitación das solicitudes a través do teléfono 886 151 902.

 

  Quen pode presentar unha solicitude?

 -Familias que teñan fillas/os que cumpran os 3 anos no 2021.

 -Familias que teñan fillas/as de 4-6 anos non escolarizados.

 -Familias que teñan fillas/os noutro centro educativo e queiran trasladar a matrícula para o CEIP de Viñagrande-Deiro.

 

 Como podo presentar a solicitude?

 -Cubrir a solicitude (descargar), chamar ao centro para pedir cita previa e presentala asinada no centro.

 -Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica: acceder en admisión alumnado (enlace) co usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (manual).

 

 

Distribuir contido