Iniciar sesión: Acceso

ACTIVIDADES DO 9 AO 13 DE XUÑO

10 e 11 de xuño

Alumnado de 4º e 2º visitarán o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

12 de xuño

Alumnado de 3º fará un percorrido en catamarán pola ría de Arousa, visitará o acuario do Grove e subirá ao Siradella.

Alumnado de 1º visitará o Parque de Bombeiros de Pontevedra.

Plan de adaptación do novo alumnado de 3 anos

Nenas e nenos que o vindeiro curso se incorporarán a 4º de educación infantil coñecerán o colexio esta semana en horario de 11.45 a 12.10

Sábado 14 de xuño      FESTA

Festa organizada pola ANPA con actuacións pola mañá, comida e actividades lúdicas pola tarde.