Iniciar sesión: Acceso

ACTIVIDADES DO 26 AO 3O DE MAIO

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Os días 27 e 28 de maio, o alumnado de 4º fará as probas de avaliación de diagnóstico.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO ADMITIDO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O martes 27 ás 18.00 na biblioteca, as familias do novo alumnado serán informadas das actividades do Plan de Adaptación.

Tamén recibirán información sobre a matrícula, o funcionamento dos servizos do centro...

VISITA AO IES FREI MARTÍN SARMIENTO

O xoves 29, o alumnado de 6º visitará o instituto para coñecer as instalacións e recibir información  sobre o centro.

CAMPAMENTO

Cento seis nenas e nenos do colexio participarán no campamento organizado pola ANPA en San Vicente do Grove do venres 30 de maio ao domingo 1 de xuño.