Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023

O ALUMNADO DE 1º, 2º ,3º E 4º DE E.P. NON UTILIZARÁ LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO 2022-2023, POLO TANTO, NON HAI QUE SOLICITAR A AXUDA FONDOLIBROS.

5º E 6º DE EP PARTICIPAN NO PROGRAMA EDIXGAL, POLO TANTO, UTILIZARÁN ORDENADORES E LIBRO DIXITAL.

Axudas para adquirir material escolar: para o alumnado matriculado en toda educación primaria.

Quen as solicita: Nai / pai ou titor/a legal do escolar.

Onde se presenta: No centro escolar ou mediante a sede electrónica:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Prazo de presentación: Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.     

Requisitos: para axuda do material ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.   Para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65%   pode solicitar con calquera renda per cápita.

Contía da axuda de material: 50€

Contía axuda para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% : 50 €

Obrigas dos beneficiarios: destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

COMO SE SOLICITA:

Cóbrese o anexo I completo e o anexo II  (para a autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante). Debe estar asinado por todas as persoas membros da unidade familiar  que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor. 

A solicitude será única para todos/as fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso ou a través da aplicación Fondolibros, onde unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1.  Presentación no centro (*)

2.  Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

(* O alumnado de 6º E.P. que non teña asignado centro para o curso 2021-2022 deberá presentar a solicitude Fondolibros no CEIP Vilaverde)  

Unha vez tramitadas,xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir o material.

 

PARA ACLARACIÓNS ou unha información máis completa:

A información anterior é un resumo da orde de 29 de abril de 2022 que se pode consultar no DOG  do día 18 de maio.    http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Pontevedra, 20 de maio de 2022.         

                              A dirección