Iniciar sesión: Acceso

VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO

a) Por  unha irmá ou un irmán matriculados no centro:  8 puntos; polo segundo e  seguintes, 2 puntos por cada un, co máximo de 14puntos.

b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.

1º.  Por  proximidade  do  domicilio  familiar:  se  está  na  área  de  influencia  do  centro,  8 puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, 4 puntos.

2º.  Por  proximidade  do  lugar  de  traballo:  se  está  na  área  de  influencia  do  centro,  6 puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, 3 puntos.

c)  Por renda per cápita da  unidade  familiar

 1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.

2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

 3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.

4º. Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

d) Por  persoa  proxenitora, titora ou acolledora  traballadora do centro docente 3  puntos, con independencia de que traballen ambas.

e) Por familia  numerosa:  de categoría especial,  3 puntos; de categoría xeral, 2 puntos.

f) No  caso de irmáns  nados  dun  parto múltiple,  sempre  que  soliciten  o mesmo centro, corresponderanlles 8 puntos se son dous e 10 puntos se son máis de dous.

g) No caso de familia monoparental: 2 puntos.

 h) Por discapacidade  igual  ou superior  ao 33  % dos membros computables  da unidade familiar (máximo 4 puntos):

 1º.  Alumno/a: 4 puntos.

2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras,  ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: 3 puntos.

3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: 1punto por cada un.

i) Por condición de vítima de  violencia  de  xénero  de  calquera  dos  membros  computables da unidade familiar: 2 puntos.

j)  Por  condición  de vítima  de terrorismo de calquera dos  membros computables da unidade familiar: 2 puntos.

 k)  Por criterio  complementario: 1 punto.