PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2021-2022
A continuación, presentamos a Concreción Curricular e as Programacións de nivel para o curso 2021-2022 se a evolución da pandemia permite un desenvolvemento adecuado. En todas as programacións se reflicte un punto con certas consideracións a ter presentes de poñerse en marcha o Plan de Continxencia ante un abrocho, e ter que desenvolverse unha modalidade de educación non presencial.
O desenvolvemento das programacións vese influído polo Plan de adaptación á crise COVID do centro. Estas medidas protocolarias inflúen nos tempos, nos espazos, na organización, nos recursos e nos métodos:
- As subidas e baixadas escalonadas do alumnado ás aulas, na entrada e saída ao centro e no tempo de recreo.
- As rutinas diarias hixiénico sanitarias. Hixiene de mans con hidroxel: á entrada e saída da aula, antes e despois da merenda, ao recoller obxectos do chan...Tusir e esbirrar no cóbado. Cambiar a máscara se é preciso segundo indicacións.
- Aseos asignados a aulas, de uso exclusivo e puntos de espera para evitar encontros entre o alumnado. Rexistros diarios de usuarias e usuarios dos aseos. - Lavado de mans con de auga e xabón despois do uso do baño.
- O ordenador, a pizarra, o borrador, o posto de traballo e materiais empregados polo profesorado deben ser desinfectados antes de deixar a aula.
- Cada alumna e alumno contará co seu propio material e posto escolar, de uso persoal e participará na súa desinfección (materiais que caen ao chan, se é preciso a mesa...).
- Como norma xenérica non se compartirán materiais, mais de facelo procederase a súa desinfección.
- A aula require de ventilación antes, durante e despois de cada sesión, cheking.
- Cada grupo aula ten asignado un espazo de recreo e non poderá interactuar con outros grupos.
- ...
En resumo, non é unha situación de normalidade, senón de "aparente normalidade". Como centro, adoptamos medidas para garantir, na medida do posible, a prevención e evitar os contaxios entre o noso alumnado. Gustaríanos volver canto antes aos principios educativos e metodoloxía que defendemos (traballo cooperarivo e colaborativo, xogos e actividades en recantos, o traballo en ámbitos de aprendizaxe e nas aulas das especialistas, a interacción libre no recreo, os patios inclusivos e as súas actividades -Laboratorio, Maker, teatro, Combo, Biblioteca-, asembleas, as saídas interniveis, actividades interciclos...), así que agardamos que a situación sanitaria mellore e poidamos modificar e flexibilizar axiña as medidas do Plan de adaptación á crise COVID.