Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CENTRO CEIP VILAVERDE-MOURENTE

A Dirección do CEIP VILAVERDE informa ás familias :

Prazo de presentación da solicitude de admisión do 1 ao 22 de marzo neste centro. Do 1 ao 22 de marzo por sede electrónica.

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

A solicitude de admisión pódese facer de dúas maneiras:

1 – Cubrindo e asinando de forma manual a solicitude que se lle facilitará na secretaría do centro.

2 – De non facelo de xeito manual pódese cubrir telemáticamente na seguinte aplicación:

http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se vai solicitar a admisión do alumno ou alumna

Se dispoñen de  certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.