VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO
Artigo 20. Valoración do criterio irmás ou irmáns matriculadas/os no centro educativo
5. Valoración do criterio: por unha irmá ou irmán matriculada/o no centro, outorgaranse 8 puntos; polas/os seguintes, 2 puntos por cada unha/un.
Artigo 21. Valoración do criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro educativo.
3. A valoración por este criterio é de 3 puntos. Esta puntuación non será acumulable no suposto de que ambas/os as/os proxenitoras/es ou titoras/es traballen no mesmo centro.
Artigo 22. Valoración do criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos proxenitoras/es ou titoras/es
7. A valoración deste criterio realizarase aplicando os seguintes baremos, con carácter excluínte:
a) Proximidade do domicilio familiar:
1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.
2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
b) Proximidade do lugar de traballo:
1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.
2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.
Artigo 23. Acreditación e valoración do criterio da renda anual per cápita da unidade familiar
8. A valoración da renda anual per cápita da unidade familiar realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:
a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto
d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.
Artigo 24. Valoración do criterio de condición de familia numerosa
3. A valoración por este criterio é a que segue:
a) Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
b) Por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.
Artigo 25. Valoración do criterio da condición de familia monoparental
3. A valoración deste criterio é de 2 puntos.
Artigo 26. Acreditación e valoración do criterio de discapacidade
3. A valoración por este criterio realízase aplicando o seguinte baremo, cun máximo de 4 puntos:
a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.
Artigo 28. Acreditación e valoración do criterio complementario aprobado polos centros
5. A valoración deste criterio é de 1 punto.
Criterio complementario propio deste centro: “proximidade do domicilio familiar na área de influencia do centro educativo”.Valoración 1 punto.