Iniciar sesión: Acceso

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Iníciase a tramitación da participación no procedemento  de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

c) O prazo de presentación das solicitudes ( impreso máis documentación complementaria) para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que cumpra as anteriores condicións será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.

d) Para a presentación das solicitudes no centro deben chamar con anterioridade ao centro: 886159034 para concertar a entrega en secretaría e evitar aglomeracións e encontros segundo o protocolo Covid. Horario de secretaría de 9:30 a 11:30 e de 12:20 a 13:30 h.

Descargar impreso para a solicitude no seguinte adxunto:

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II ED330E136.44 KB
ORDE 6 DE OUTUBRO DE 2020 de participación no procedemento de distribución de máscaras.608.65 KB