Iniciar sesión: Acceso

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2020-2021

A continuación, presentamos as Programacións de nivel para o curso 2020-2021 se a evolución da pandemia permite un desenvolvemento adecuado. En todas as programacións se reflicte un punto con certas consideracións a ter presentes de poñerse en marcha o Plan de Continxencia ante un abrocho, e ter que desenvolverse unha modalidade de educación non presencial.
Todo o traballo do centro neste período de "aparente normalidade" vese influído polo aprobado no Plan de adaptación á crise COVID do centro, as medidas nel recollidas afectan claramente ao desenvolvemento das programacións. Entre elas destacamos as seguintes medidas protocolarias que inflúen nos tempos, nos espazos, na organización, nos recursos e nos métodos:
- As subidas e baixadas escalonadas do alumnado ás aulas, na entrada e saída ao centro e no tempo de recreo.
- As rutinas diarias hixiénico sanitarias. Hixiene de mans con hidroxel: á entrada e saída da aula, antes e despois da merenda, ao recoller obxectos do chan...Tusir e esbirrar  no cóbado. Cambiar a máscara se é preciso segundo indicacións.
- Aseos asignados a aulas, de uso exclusivo e puntos de espera para evitar encontros entre o alumnado. Rexistros diarios de usuarias e usuarios dos aseos.
- Lavado de mans con  de auga e xabón despois do uso do baño.
- O ordenador, a pizarra, o borrador, o posto de traballo e materiais empregados polo profesorado deben ser desinfectados antes de deixar a aula.
- Cada alumna e alumno contará co seu propio material e posto escolar, de uso persoal e participará na súa desinfección (materiais que caen ao chan, se é preciso a mesa...).
- Como norma xenérica non se compartirán materiais, mais de facelo procederase a súa desinfección ou corentena.
- A aula require de ventilación antes e despois de cada sesión, cumprimentarase a folla de cheking diariamente.
- Cada grupo aula ten asignado un espazo de recreo e non poderá interactuar con outros grupos.
- ...
En resumo, non é unha situación de normalidade, senón de "aparente normalidade". Como centro, adoptamos medidas para garantir, na medida do posible, a prevención e evitar os contaxios entre o noso alumnado, tendo en conta a delicada situación sanitaria que atravesamos, pensamos que a prioridade agora é a seguridade no eido da saúde e no ámbito sanitario. Gustaríanos volver canto antes aos principios educativos e metodoloxía que defendemos (traballo cooperarivo e colaborativo, os pequenos agrupamentos na aula, xogos e actividades en recantos, o traballo en ámbitos de aprendizaxe e nas aulas das especialistas, a interacción libre no recreo, os patios inclusivos e as súas actividades -Laboratorio, Maker, teatro, Combo, Biblioteca-, asembleas, as saídas interniveis, actividades interciclos...), así que agardamos que a situación sanitaria mellore e poidamos modificar e flexibilizar axiña as medidas do Plan de adaptación á crise COVID.

AdxuntoTamaño
CONCRECIÓN CURRICULAR 2020-20211.4 MB
Programación 2º Ciclo EI, curso 20-211.36 MB
Programación 1º EP, curso 20-211.92 MB
Programación 2º EP, curso 20-211.37 MB
Programacion 3º EP, curso 20-211.74 MB
Programación 4º EP, curso 20-212.19 MB
Programación 5º EP, curso 20-212.58 MB
Programación 6º EP, curso 20-211.64 MB
Programación Música, curso 20-211.49 MB
Programación Educación Física 2º, 3º, 4º, 5º e 6º3.35 MB
Programación Lingua Inglesa EI, 1º, 2º e 3º de EP1.53 MB
Programación Lingua Inglesa 4º, 5º e 6º EP1.89 MB
Programación Educación Plástica 5º e 6º1.42 MB
Programación de Relixión Católica, curso 20-211.21 MB