Iniciar sesión: Acceso
DECLARACIÓN RESPONSABLE
Estimadas familias,
Para garantir a saúde e seguridade de toda a nosa comunidade educativa é imprescindible, máis ca nunca, a estreita colaboración familia-escola.
Todos os días deberedes realizar a enquisa de autoavaliación e de ter algún dos síntomas que se recollen nela non se debe enviar á nena ou ao neno ao centro.
A este efecto facémosvos chegar a "Declaración responsable" que, segundo o Protocolo Covid-19 nos centros educativos, deberedes cumprimentar e remitir o máis axiña posible, ao correo electrónico do blog de cada nivel.
Unha vez máis agradecemos o voso compromiso e colaboración.
Un saúdo