Iniciar sesión: Acceso

INFORMACIÓN

É unha realidade  a preocupación de toda a comunidade educativa polo comezo do novo curso escolar 2020-2021 ante a situación creada pola COVID 19.

Dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  recibimos a seguinte información xeral  que compartimos:

- Calendario escolar para o curso 2020-2021, publicado o 7 de xullo de 2020,  no que se reflicte que as clases comezarán o día 10 de setembro en educación infantil e en educación primaria entre outras indicacións. Pódese consultar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0534-010720-0001_gl.pdf

- Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021, publicado o 22 de xullo de 2020, elaborado pola Consellería de Sanidade, con obxecto de ser adaptado polos centros ás súas peculiaridades nun documento denominado "Plan de adaptación á situación covid 19 no curso 2020-2021". Pódese consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/version_1.10_protocolo_covid_inicio_do_curso_20-21_version_post_mesa_e_xad_2-1.pdf

Dende o centro estamos traballando nas medidas de prevención e seguridade para  adaptar, no posible, esas medidas indicadas pola Consellería á realidade do noso CEIP. Antes de que comece a actividade lectiva faremos público este "Plan de adaptación á situación covid 19" para coñecemento de toda a comunidade educativa.