Iniciar sesión: Acceso
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO
Para a formalización da matrícula as familias deben presentar a seguinte documentación do 1 ao 10 de xullo, na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14 horas de luns a venres:
- Impreso de formalización de matrícula. (Anexo III-1 da orde do 12 de marzo de 2013).
- 4 fotografías tamaño carné da nena ou neno.
- Cuestionario sobre a lingua materna para as familias.
- Impreso de opción: atención educativa-relixión.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas, presentado orixinais para cotexar.
- Fotocopia do DNI da nai, do pai e da alumna ou alumno (se o ten), presentando os orixinais para cotexo.
- Autorización para o uso da imaxe do alumnado en contextos educativos (blogues, materiais escolares...)
- Ficha de usuario do transporte escolar.
- Autorización de recollida do alumnado.
- Cuestionario para as familias de datos persoais do alumnado.
- Autorización de Tokapp School ou AbalarMóbil.
Chamen ao centro se precisan dalgunha aclaración.
Descargar os seguintes adxuntos e cumprimentar para presentar xunto á outra documentación requirida máis arriba: