Iniciar sesión: Acceso

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O NÚMERO DE SOLICITUDES PRESENTADAS  EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL É INFERIOR O DE PRAZAS OFERTADAS, NON PRECISAN PRESENTAR MÁIS DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO. (Lembrade consultar as listaxes definitivas de admitidos o 26 de xuño e que o prazo de matrícula é  do 1 ao 10 de xullo.)

 

EN 1º  E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PRESENTARÁN DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO, MAIS NON HAI PRAZAS VACANTES NO CENTRO.

 

EN 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  O NÚMERO DE SOLICITUDES É IGUAL O DE PRAZAS OFERTADAS, NON PRECISAN PRESENTAR MÁIS DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO. (Lembrade consultar as listaxes definitivas de admitidos o 26 de xuño e que o prazo de matrícula é  do 1 ao 10 de xullo.)

 

PRAZO  DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO:

do 20 maio  ao 26 de maio

 

LEMBRAMOS:  só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñe­cida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. Para a valoración do criterio de familia monoparental, hai que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social de Galicia ou pola autoridade competente doutras administración públicas.