Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2018-2019

 

Fondo solidario de libros de texto: para o alumnado matriculado en  3º e 4º de educación primaria para o curso    2018/2019

Axudas para adquirir libros de texto: para o  alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria para o curso   2018/2019

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria só poden solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Axudas para adquirir material escolar: para o alumnado matriculado en toda educación primaria.

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:  que non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado,  recibirá a axuda para libros, e poderá adquirir libros doutros cursos ou material didáctico específico que o centro determine. Tamén  poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Quen as solicita: Nai / pai ou titor/a legal do escolar.

Onde se presenta: No centro escolar ou mediante a sede electrónica  https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Prazo de presentación: Do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018      

Requisitos: ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000€ e devolver os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2016/17. 

      Para axuda do material a renda per cápita igual  ou inferior a 5.400€.

      Para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65%   pode solicitar con calquera renda per cápita.

Contía das axudas de libros: 90€ ou 170€

Contía da axuda de material: 50€

Contía axuda para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% : 250 €

Obrigas dos beneficiarios: Destinar o importe á adquisición dos libros de texto e conservalos en bo estado para incorporalos ao rematar o curso a un fondo solidario que se constituirá no centro.

 

COMO SE SOLICITA:

Cóbrese o anexo I completo e o anexo II  (para a autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante). Debe estar asinado por todas as persoas membros da unidade familiar  que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor. A solicitude será única para todos/as fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente. No caso de que a solicitude se tramite por via electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso ou a través da aplicación Fondolibros, onde unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1.      

Presentación no centro

2.      

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

Unha vez tramitadas, xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir os libros.

 

PARA ACLARACIÓNS ou unha información máis completa:

A información anterior é un resumo da orde de 09 de maio de 2018 que se pode consultar no DOG  do día 21 de maio.    http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042

Pontevedra, 22 de maio de 2018                                                                                A dirección