Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CENTRO CEIP VILAVERDE-MOURENTE

A Dirección do CEIP VILAVERDE informa ás familias :

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo neste centro.

 

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

 

A solicitude de admisión pódese facer de dúas maneiras:

 

1 – Cubrindo e asinando de forma manual a solicitude que se lle facilitará na secretaría do centro.

 

2 – De non facelo de xeito manual pódese cubrir telemáticamente: 

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/

http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

 

Solicitudes – Solicitudes de admisión – Crear solicitude de admisión.

 

TANTO SE CUBREN A SOLICITUDE DE XEITO MANUAL COMO POR INTERNET DEBERÁN PRESENTALA, UNHA VEZ ASINADA, NA SECRETARÍA DO CEIP VILAVERDE XUNTO COA DOCUMENTACIÓN INDICADA.