FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
CURSO ESCOLAR 2017-2018
Fondo solidario de libros de texto: para o alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria para o curso 2017/2018
Axudas para adquirir libros de texto: para o alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria para o curso 2017/2018
Axudas para adquirir material escolar: para o alumnado matriculado en toda educación primaria.
Quen as solicita: Nai / pai ou titor/a legal do escolar.
Onde se presenta: No centro escolar, preferentemente.
Prazo de presentación: Do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017
Requisitos: ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000€ e devolver os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2016/17 (para axuda do material a renda per cápita igual ou inferior a 5.400€).
Contía das axudas de libros: 90€ ou 170€
Contía da axuda de material: 50€
Obrigas dos beneficiarios: Destinar o importe á adquisición dos libros de texto e conservalos en bo estado para incorporalos ao rematar o curso a un fondo solidario que se constituirá no centro.
COMO SE SOLICITA:
Cóbrese o anexo I completo. Debe estar asinado por todas as persoas membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor. A solicitude será única para todos os/as fillos/as.
TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso. Unha vez tramitadas, xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir os libros.
PARA ACLARACIÓNS ou unha información máis completa:
A información anterior é un resumo da orde de 16 de maio de 2017 que se pode consultar no DOG do día 22 de maio. http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
Pontevedra, 23 de maio de 2017 A dirección