LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018
NOTA INFORMATIVA
Resolución do Consello Escolar celebrado o día 8 de maio de 2017:
Revisada a reclamacións presentada en prazo, están expostas as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido.
A partir deste momento e continuando co calendario marcado desde a Xefatura Territorial a documentación do alumnado non admitido é remitida á Comisión de Escolarización.
As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ou reclamación ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte a esta publicación.
Convócase ás familias do alumnado admitido de 3 anos a unha reunión o martes día 30 de maio ás 18 h.
Pontevedra, 12 de maio de 2017
A directora
Asdo: Clara Varela Sieiro
Adxunto | Tamaño |
---|---|
listaxes definitivas de admisión.pdf | 1.29 MB |